CD Zalaeta Rugby Arteixo

A sección de rugby do CD Zalaeta naceu no ano 1982 ao abeiro do instituto IES Menéndez Pidal, no barrio de Zalaeta da Coruña. Dende eses inicios, centos de persoas vestiron a camiseta verde e branca por toda Galicia (e parte de España) con fachenda.

No ano 2008 tomamos a decisión de comezar a crear un entorno favorable á práctica do rugby a tódolos nivéis no concello de Arteixo (A Coruña), con profundo amor ao deporte e á nosa xente.

O obxectivo é claro, ter un clube con corazón para que a xente que xoga, a que ven a ver, a que aporta e que sinta teña un lugar.

Adestramentos

Todos os martes e xoves no campo de herba natural de Oseiro (Concello de Arteixo – provincia de A Coruña)


18.30h Escola de rugby municipal de Arteixo (de 4 a 11 anos)
19.00h Academia de rugby municipal (de 12 a 17 anos)
20.00h Equipo senior masculino (maiores de 18 anos)

O Noso Local

O local pretende ser o centro neurálxico da nosa actividade más aló do que suceda no campo de xogo. Está pensado como un espazo interxeneracional de 0 a 99 anos. Temos televisión para ver os partidos importantes do ano como o VI Nacións, os mundiais, as ventanas de partidos internacionais ou os partidos de España.
Como non, é o lugar de celebración dos nosos terceiros tempos!

Cómo chegar?

Asóciate

As persoas socias son a base sobre a que financiamos gran parte da actividade da escola (4 a 11 anos), academia (12 a 17 anos) e equipo senior (>18), polo que ese pequeno aporte que fas vale moito máis do que imaxinas.

Asociate de forma segura e sinxela a través da nosa plataforma en Cluber.


Pago único anual (50€)

2 pagos ao ano (2×28€)

4 pagos ao ano (4×15€)